lunes, 25 de marzo de 2013

Xogos populares na TVG

O día 12 de marzo a TVG adicoulle o programa TOP10 aos xogos populares. Podedes comprobalo AQUÍ.

Que é un ciquitraque?

Tamén chamado TIRATACOS, o dicionario da Real Academia Galega ofrécenos esta definición:

Xoguete feito xeralmente cun pau de bieiteiro ao que se lle extraeu o sámago e co que se lanzan uns balotes de abrótega, estopa ou outros materiais empuxados por unha baqueta de pau.